martes, 15 de marzo de 2011

ENCONTRO SOBRE A COOPERACIÓN INTERNACIONAL EN GALICIA



O pasado Venres 11 de Marzo presentamos o proxecto Monferosolidario no taller de experiencias enmarcado dentro do programa do "Encontro sobre a cooperación internacional en Galicia", celebrado no Centro Social Novacaixagalicia, e organizado pola Coordinadora Galega de ONGD e o Fondo Galego de Cooperación. Tanto o proxecto Monferosolidario, como o resto das experiencias expostas estaban encamiñadas a orientar as futuras estratexias dos axentes galegos de cooperación, e tras as intervencións tratouse de establecer liñas de traballo conxunto para o futuro.
Este encontro contou coa participación de representantes de ONGD, administracións autonómicas e estatais, universidades e partidos políticos. O obxectivo principal era estudar como afecta e como afrontan os diferentes actores da cooperación ao desenvolvemento a actual conxuntura socioeconómica. Analizáronse os efectos dos recortes orzamentarios nas políticas de loita contra a pobreza. O encontro ofreceu distintas mesas redondas, unha conferencia a cargo da Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, analizando o futuro da cooperación no Estado español. Tamén houbo un espazo para a reflexión sobre a nova normativa de subvencións en materia de cooperación, o Comercio Xusto e a compra ética e a cooperación galego-portuguesa na lusofonía, entre outras.

MASCULINIDADES PARA A EQUIDADE DE XÉNERO





As coordinadoras de Monferosolidario asistimos ao obradoiro "Masculinidades para equidade de xénero", organizado por Entreculturas e celebrado o pasado Sábgado 12 de Marzo en Santiago de Compostela. Foi impartido por Walberto Virgilio Tejeda e Larry José Madrigal, ambos autores de estudos e investigacións en pedagoxía, violencia de xénero e cultura da paz.
O obxectivo principal deste obradoiro é analizar os procesos de construción das identidades masculinas desde o Enfoque Integral en Masculinidades, para o fortalecemento de estratexias cara á equidade de xénero e prevención da violencia de xénero nunha educación inclusiva.
Este curso estivo baseado na participación activa mediante diferentes dinámicas e na reflexión e debate sobre o construción da identidade.

lunes, 14 de marzo de 2011

CONCURSO ONCE

A ONCE celebra a 27 edición do Concurso poñendo en marcha o Programa de sensibilización educativa "Unha viaxe para tod@s" , que fomenta o respecto pola diversidade do ser humano e a non discriminación das persoas con discapacidade.
O alumnado do noso centro está a participar, como en anos anteriores, neste concurso tan especial. Aquí vos deixamos algunhas mostras dos deseños feitos por eles.


                               

miércoles, 9 de marzo de 2011

O martes 8 de marzo celebramos o Día dos Dereitos das Mulleres

A que soa o de muller traballadora?


Non pensades que é un adxectivo absurdo, cando se aplica á muller?

As mulleres son todas traballadoras e como sabemos cunha carga laboral que supera amplamente á dos homes en moitos aspectos.

A única maneira de chegar a unha igualdade entre homes e mulleres, recollida en numerosas constitucións do mundo é, desde a educación , unha educación en valores, igualitaria e non sexista.

A educación na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.

Non podemos deixar este 8 de marzo sen mostrar o noso máis absoluto rexeitamento á violencia que causa tantas mortes de mulleres, pola súa condición de tales. Este “terrorismo afectivo” derivado dos conceptos patriarcales de posesión, podería combaterse cunha coeducación efectiva familia-escola encamiñada á consideración de todas as persoas por igual, sen distinción de sexos.

A educación na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.



jueves, 3 de marzo de 2011