martes, 25 de enero de 2011

DÍA DA PAZ


O próximo día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de Gandhi, trataremos de imaxinar un mundo sen violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que todos podamos vivir en harmonía e igualdade.
O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. E destacar o papel dos centros educativos como instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

O educador e pacifista que fundou no ano 1964 o Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi Lorenzo Vidal. Si queredes saber mais sobre el e a súa obra podedes picar no seguinte enlace: Lorenzo Vidal


Aquí podedes ver unha mensaxe que vos deixa aos rapaces e rapazas do cole.




Aquí temos algúns dos deseños convertidos en pegatinas,que fixeron os rapaces e rapazas do noso cole.

miércoles, 19 de enero de 2011

A DIVERSIDADE É A NOSA REALIDADE

"A diversidade é a nosa realidade" é o título impartido pola Cruz Vermella de Betanzos ao alumnado de 1º da ESO o Luns 17 de Xaneiro de 2011. Durante as dúas sesións da tarde (de 14:45 a 16:30)dúas voluntarias da Cruz Vermella de Betanzos animaron aos nenos e nenas de 1º da ESO a comprender a riqueza que conleva a diversidade, utilizando como materiais didácticos "Os cadernos de Abel". Algún dos contidos que se abordaron: A diversidade nos nomes, a diversidade nos produtos, a diversidade na familia, a diversidade na música, as migracións, a aldea global, etc.






Vanessa e Laura, voluntarias da Cruz Vermella Betanzos