sábado, 16 de abril de 2011

CONTOS SOLIDARIOS CON ANXO MOURE

As Árbores da Paz, de Anxo Moure



Atrapacontos



Alumnado da ESO dramatizando un conto con Anxo Moure




O venres 15 de abril de 2011 tivemos a oportunidade de disfrutar dun interesante obradoiro con Anxo Moure. En dúas sesións, para 3º e 4º da ESO en horario de 10:00 a 11:00; e 1º e 2 da ESO en horario de 11:00 a 12:00, Anxo Moure animou tanto aos rapaces e rapazas, como aos profesores e profesoras que acudiron ao obradoiro, a disfrutar da arte de contar contos, e utilizar os contos como unha ferramenta para cambiar o mundo, denunciando as inxustizas e resaltanto os valores positivos, como o amor, a amizade, e solidariedade. Agradecemos á ONG Educación sen Fronteiras e a Entreculturas, quen nos ofertou a actividade, esta grande oportunidade que nos brindou Anxo Moure non só para disfrutar e rir, senón para ser máis responsables e conscientes da nosa obriga para construír un mundo mellor...



27 comentarios:

  1. Que ben o pasamos con Anxo Moure!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Desiré Maceira Vazquez

    Anxo Moure es un hombre que transmite una sensación de poder conseguir lo que se quiera, un hombre que seguramente haya vivido muchas experiencias a lo largo de su vida, y los cuentos que el cuenta, son por decirlo de alguna manera especiales, no son unos cuentos aburridos, son entretenidos y con un montón de lecciones.
    Anxo Moure trabaja en una ONG llamada Bicis pola paz.El objetivo de Bicis pola Paz é fomentar o eco-transporte en los proyectos de desarollo, Bicis pola Paz dona bicicletas a profesores, médicos, promotores de salud, vetrinarios…. en más de veinte paises de América Latina, Asía e África, así como a inmigrantes en el estado español. Gracias a una bici un médico puede llegar a tiempo a un parto para salvar la vida de una persoa, un mestre puede atender más escuelas o un inmigrante encontrar y desplazarse a un traballo digno. Bicis pola Paz dona las bicicletas en base a demanda de las comunidades locales u en colaboración con ellas, adquirindo las bicis en los mismos lugares de desarroyo de los proyectos con el fin de fortalecer el tecido comercial local. Bicis pola Paz financia estas donaciones con los fondos recaudados por el proyecto "Contos Solidarios" así como los fondos económicos aportados por colaboradores, instituciones, fundaciones…
    La gente que hace este tipo de cosas,es gente increible, que se preocupa por el mundo, y ayuda a tener un mundo mejor.

    ResponderEliminar
  3. Vanessa Deibe Pérez
    O pasado 15 de abril veu ao noso colexio Anxo Moure e o seu propósito era ensinarnos a contar contos ou historias solidarios. Empregou unha maneira moi curiosa para ensinarnos a contar eses contos. Esta maneira era contárnolos coma ós nenos pequenos o que fixo todo máis divertido. Nos formabamos parte deses contos infantís pero que a vez sabíamos que eran verdade ou que nos os podíamos facer reais.
    Anxo Moure forma parte da asociación `` Bicis pola paz´´. O proxecto do que nos nos vimos partícipes foi Contos solidarios. Este proxecto segundo aparece na paxina web da asociación ten como obxectivo sensibilizar e concienciar @s alumn@s sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade.
    Na miña opinión foi moi divertido e entretido e non me podía imaxinar que nos ía contar contos coma os que lles contaba ós nenos pequenos, o que me resultou tamén divertido.
    E sobre o proxecto ``Contos pola paz´´ teño que dicir que me parece moi ben que se fagan proxectos deste tipo, e por suposto calquera de outro tipo porque para axudar a que o mundo sexa mellor, nada é dabondo.Este proxecto fai que os máis pequenos poidan formar parte do cambio que pouco a pouco queremos facer no mundo e así dende pequenos vanse concienciando que non todos os nenos do mundo teñen as mesmas posibilidades que teñen eles. E que se nos queremos pouco a pocuco poderán telas...

    ResponderEliminar
  4. IRIA GONZÁLEZ FRAGA:
    O 15 de Abril do 2011 no colexio do C.P.I Virxe da Cela , houbo unha serie de actividades.
    Entre elas un obradoiro titulado “Contos Solidarios”, dirixida por Anxo Moure , que se adica a contar contos solidarios para concienciar á xente, tanto pequenos como maiores, para que sexan solidarios.
    El tamén ten unha ONG que se chama “Bicis pola Paz” , que se atopa en Chantada (Lugo) e nace no ano 1990 . O obxectivo de Bicis pola Paz é fomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento. Bicis pola Paz doa bicicletas a mestres, médicos, promotores de saúde, veterinarios…. en máis de vinte países de América Latina, Asía e África, así como a inmigrantes no estado español. Grazas a unha bici un médico pode chegar a tempo para salvar a vida dunha persoa, un mestre pode atender máis escolas ou un inmigrante atopar e desprazarse a un traballo digno.
    Empezou contando contos como xa dixen antes , solidarios, pero non eran aburridos senón que tiñan algo especial , polo modo en que os contaba e por outra cousa moi importante , porque facía que participara todo o mundo e se relacionara coa outra xente. E tamén porque te concienciaban de que tes que ser solidario.

    A min persoalmente gustoume moito , xa que o que fai esta ONG é un labor moi difícil e que ten moito mérito , xa que , require un esforzo moi grande , pero tamén unha satisfacción para un mesmo incrible ao saber que estás axudando a moita xente. Eu invitaría a moita xente que colaborara e promovera estas labores , xa que son moi importantes.

    ResponderEliminar
  5. O pasado 15 de abril tivemos unha actividade chamada contos solidarios que nos contou un experto como Anxo Moure. Este home e membro da ONG Bicis pola paz.
    Bicis pola Paz é unha ONG que nace en Chantada no ano 1990. O obxectivo de Bicis pola Paz é fomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento, Bicis pola Paz doa bicicletas a mestres,medico e mais xente en máis de vinte países de América Latina, Asía e África, e tamén a inmigrantes que están en España. Pasámolo moi ben ,foi moi divertido escoitar a unha persoa que conta tan ben os contos e os fai tan interesantes como Anxel Moure.

    Tamara Sanjuan Cainzos

    ResponderEliminar
  6. Lucía Otero e Lucía Bouzón3 de mayo de 2011, 12:02

    -ANXO MOURE
    O mesmo día, o venres, veu un contacontos contarnos e ensinarnos a contalos contos solidarios; falaban do tema que era este ano a SAME , as mulleres.
    Saíron nenos e nenas para axudarlle a contalos e participamos moito aparte de gustarnos e rir moito.
    Trouxo o “paztinete” e un “atrapacontos” que era un instrumento para atrapar os contos e vivilos era para dinamizar os contos e facelos mais orixinais.
    Contounos contos que xa existían e el modificounos.
    Estaba un pouco tolo na nosa opinión porque tirouse auga a si mesmo pola cabeza ;pero pensamos que estaba tolo por axudar e por querer conseguir a paz e que as árbores poidan vivir máis tempo do que o ser humano llo permite.

    ResponderEliminar
  7. alba grueiro e bibiana blanco3 de mayo de 2011, 12:02

    o venres 15 de abril estibo no noso colexio un contacontos chamado Anxo Moure un gran contador de historias contanos contos inbentados por el que trataban da paz e non da guerra,alguns dos alumnos participaron con el levantándose ao escenario, pasamolo moi ben

    ResponderEliminar
  8. Elisa, Natalia y Miriam3 de mayo de 2011, 12:07

    Anxo Moure visitou o noso colexio o15 de abril.
    Contounos varios contos, ían sobre a igualdade, a guerra, o coidado da natureza. Pasámolo moi ben, ás veces falaba rápido e os contos estiveron ben, tamén foi moi divertido ver participar aos nosos amigos e poder participar nós tamén.
    Parécenos moi boa a súa actitude sobre estes temas nomeados anteriormente, e que nos axudou a entrar en razón e ensinarnos a ser mellores persoas e a poder expresarnos e transmitir os contos aos nenos pequenos.

    ResponderEliminar
  9. Rocío Díaz Castrillón 2º E.S.O

    Anxo Moure estivo o pasado venres 15 de abril no noso colexio. Estivonos contando moitos contos solidarios sobre: a natureza, a igualdade, a malas guerras…
    Pasámolo moi ben, contounos contos nos que todos os que estaban presentes tiveron que participar e salir a contar os contos con el. El ía vestido con roupa normal so que puxo: gorros, gafas, narices de paiaso e moitas cousas máis, tamen saíu a actuar con moitas cousas recicladas coas que eu pensei que o único que valían eses obxectos eran para tirar e non só o creía eu senon todos os meus compañeiros e compañeiras pero dimonos conta de que valen para moitas cousas e que realmente nos podemos divertir. Os meus compañeiros/as de clase case sairon todos: Carla tivo que abrazar a xente que estaba ai como se fosen árbores e as estivera coidando, Kevin tivo que facer de árbore porque ia vestido de verde, Sergio tivo que darlle dous besos a unha profesora (realmente pensei que se ía a negar,pero estábamos alí para pasalo ben e divertirnos) Óscar V. tivo que declararselle a profesora de plástica polo que lle ía decindo Anxo que tiña que repetir todo o que el dicia (a verda e que lle dou un ataque de risa tremendo e costaballe repetir o que Anxo lle decía que lle dixera a profesora porque o único que facia era rise). A profesora de lengua castelá tivo que montarse a un patinetete e ir andando por toda a clase con e …Aprendimos moitas cousas que antes non sabíamos como facer contos con obxectos reciclados e moitas cousas mais.

    ResponderEliminar
  10. Óscar Pérez,Diego,Óscar Vidal

    ANXO MOURE
    ADEMAIS O VENRES VEUNOS VISITAR UN SEÑOR QUE ERA CONTANCONTOS,ENSINOUNOS A INVENTAR CONTOS PRINCIPALMENTE SOBRE OS PROBLEMAS SOCIAIS DE HOXE EN DIA .PARTICIPARON ALUMN@S DO NOSO COLEXIO PARA PARTICIPAR NOS CONTOS E ENSINOUNOS A FACER CONTOS A TRAVES DE FANTASIAS.

    ResponderEliminar
  11. Jennifer: Gustoume moito os contos que nos contou e rinme moito con algúns, tamén nos falou sobre a igualdade de homes e mulleres mentres que tamén falounos das historias de todo tipo: de amor, fantásticas, raras… díxonos unha historia que me gustou moito a do paztinete, foi unha das que máis me gustou.
    Carla: Foi moi divertido, o máis divertido de todo o que fixemos. Rímonos moito con este contacontos. Falounos un pouco da muller.

    ResponderEliminar
  12. yaiza seijas abeal3 de mayo de 2011, 12:13

    Anxo Moure: Era un home que nos contou como reciclar os contos, como contalos, tamen nos falou sobre a igualdade de xenero,e tamen nos contou unos contos, contounos porque se chamaban asi os lugares e porque non se podían pasar a castelán.

    ResponderEliminar
  13. Anxo Moure veunos contar contos solidarios pola SAME contounos contos moi bonitos e moi bonitos pasamolo moi ben gustounos moito asique cando queira pode volver

    Adrán Carballeira Maroño e Oscar Dominguez Naveiras.

    ResponderEliminar
  14. Antonio González López, 2º ESO3 de mayo de 2011, 12:21

    CONTOS SOLIDARIOS DE ANXO MOURE
    O pasado venres, 15 de abril, realizouse na escola a actividade do Rastro Solidario. Con motivo de ser unha xornada baseada nos valores de solidariedade, igualdade e conciencia sobre os que se “rexe” Monferosolidario, viñeron varias persoas da organización da SAME a falarnos da educación e da súa importancia. Xunto a eles, veu Anxo Moure, contacontos.
    Para min foi o máis divertido do día, contounos contos solidarios, un tanto peculiares; un trataba sobre todo o malo (guerra, fame, sede...) que se convertía nos nomes dunha nena. Esa nena detestaba eses nomes, xa que só supoñían dor e sufrimento para quen os coñecía, atopou un “vento mentireiro” que lle daba outro nome, ese nome representaba tamén sufrimento e tampouco lle agradaba... Non me lembro de cómo acaba.
    Outros contos eran ecoloxistas e trataban de concienciar ó público de que coidara é natureza. Un deles era o dunha estrela que caía na praia, que estaba suxa de petróleo, a estrela foi rescatada por un paxaro, que estaba namorado dela.
    Participaron varios compañeiros meus e algunhas profesoras.

    ResponderEliminar
  15. o que nos dixo mnon so foi un conto senon que nos intentaba decir que tiñamos que axudar a que o mundo fora mellor

    ResponderEliminar
  16. Iván Guzmán e Javier Bouzón6 de mayo de 2011, 11:12

    O 15 de abril fixemos un rastro solidario na escola, os de 3º de eso vendian as cousas que trouxemos os rapaces/as de todo o colexio.Recollimos unha boa suma de cartos que destinamos para axudar a xente pobre da India.

    ResponderEliminar
  17. Silvia e Martín6 de mayo de 2011, 11:13

    O venres 15 de abril, fixemos un rastro solidario para recaudar fondos para construír unha escola na India, recaudamos (1.050€). Tamén veu Anxo Moure, un home que nos contou contos sobre a paz no mundo. Pasámolo moi ben con Anxo. Tamén viñeron os do SAME, que nos deron unha charla sobre os nenos do mundo.
    Anxo Moure era un home moi divertido. Contounos uns contos moi bonitos sobre moitos nenos e nenas que morren de fame, sede, guerra...
    Tamén era moi participativo cos nenos e nenas do colexio. Tiña un atrapacontos feito por él. Ensinounos a contar contos e a reciclalos.
    Foi moi divertido!

    ResponderEliminar
  18. Anxo Moure veu para enseñar a contar contos.Algunos alumnos axudaronlle a contalos ,rimonos moito cando saian a contalos un dos contos que recordo foi o dunha estrela que caia na praia cando se foi saiu en pactinete.

    ResponderEliminar
  19. o pasado 15 de abril fixemos o rastro solidario é o que se recaudou foi para a fundación Vicente ferrer a India.

    ResponderEliminar
  20. o pasado 15 de abril veu Anxo Moure a explicarnos como contar un conto é enseñounos o atrapador de contos é molou moito

    ResponderEliminar
  21. jacqueline lopez perez9 de mayo de 2011, 10:07

    O pasado 15 de abril visitounos o coñecido conta contos Anxo Moure que forma parte da ONG Bicis pola paz. Veunos dar unha charla sobre como contar contos solidarios.
    Foi unha charla moi entretida na que nos foi explicando mediante contos e historias como contar un conto solidario. Foi unha actividade moi dinámica xa que nos fixo participar a maioría dos alumnos que asistiron.
    Aparte de contarnos estes contos contounos en que consiste a ONG Bicis pola paz , contounos a importancia desta organización, e resultounos moi interesante e instrutiva.
    Transmiteunos as suas boas vibracions e as suas ganas de mellorar o mundo.

    ResponderEliminar
  22. Luz Mery

    El dia 15 de abril tivemos a oportunidade de ter no noso colexio a un contacontos moi especial .
    Este contacontos chamado Axo Moure que nos ensinaba a contar contos solidarios de maneira expontania e tamén de maneira dinámica na que participou toda a E.S.O.
    Foi moi importante xa que te daba outro punto de vista sobre a realidade de maneira menos cruel.
    viaxamos por todo o mundo, atrapamos os soños de moita xente.
    Persoalmente gustoume moito e me gustaría volver a velo

    ResponderEliminar
  23. David Río Deibe9 de mayo de 2011, 10:28

    O pasado venres 15 de abril de 2011 estivo connosco Anxo Moure, un home que sabe moitas historias e moitos contos. Os de 3º e 4º de E.S.O. fomos os primeiros en estar con el e recibilo. Con Anxo pasámolo moi ben porque fixo (non abrigou a ninguén), que participaramos todos os alumnos/as posibles e mestres. O contos trataban sobre todo, sobre a paz, o amor, a amizade e a solidaridade.
    A verdade é que nos fixo rir moito e ademais pasamos un momento agradable con el. Eu fun un dos participantes dos alumnos coa profesora de relixión e sen querer fixemos un conto entre os dous cun pouco de axuda do señor Moure.
    Eu penso que ademais de rirnos, pasalo ben e non ter clase aprendemos cousas a base de miles contos e historias que Anxo sabía. Foi un obradoiro moi activo e moi interesante porque ao principio todos pensabamos que ía ser moi aburrido e que aquilo era peor ca sarna. Pero non, todo o contrario. A xente que estaba no obradoiro pasouno moi ben e participou moito. Estivo moi ben!

    ResponderEliminar
  24. Ángel Miraz Vázquez9 de mayo de 2011, 10:32

    O pasado día 15 de abril, visitounos xunto coa fundación SAME o contacontos Anxo Moure.
    Anxo Moure, que ten una fundación bicis pola paz, en Chantada, veunos contar uns contos, que amin personalmente parecéronme moi divertidos porque ensinabannos cousa moi útiles para ser mellores persoas e ademáis, nos contos participamos moitos alumnos de maneira que así non eran nada monótonos e a súa vea eran máis entretenidos.
    Eu persoalmente pensó que Anxo é un gran contacontos e sobre a súa persoa pensó que dedica moito tempo da súa vida a loitar pola paz no mundo e pola igualdade. Creo que todos deberíamos tomar exemplo del porque poderiamos aprender cousas del, igual que escoitar os seus contos porque son moi divertidos e educativos.

    ResponderEliminar
  25. José Vidal Martínez9 de mayo de 2011, 10:35

    O pasado día 15 de abril concidindo co terceiro rastro solidario visitounos o coñecido contacontos Anxo Moure da ONG Bicis pola paz.Dounos unha charla sobre como contar un conto e tamén nos contou algún que outro conto.Foi unha charla moi entretida e pasamolo moi ben.Ensinounos o seu atrapa contos e explicounos como podíamos fabricar un igual que el.Para contar os contos necesitaba algúns alumnos do público para interpretalos e pasámolo moi ben rindo cos nosos compañeiros, iso si, sempre que non nos tocase a nos interpretalos.

    ResponderEliminar
  26. jose alejandro rodriguez accion9 de mayo de 2011, 10:37

    O pasado 15 de abril, o dia que celebramos o rastro solidario visitounos Anxo Moure, un contacontos que colabora co proxacto contas pola paz, unha iniciativa da ONG bicis pola paz, que ten a súa sede en cahantada. O obxectivo deste proxecto é concienciar á poboación xuvenil e racadar diñeiro para financiar bicicletas para os profesores que non poden acceder as escolas.

    ResponderEliminar
  27. Paula Calaza Freire

    O día que fixemos o rastro solidario veu Anxo moure a contarnos unos contos . A eses contos asistiu toda a E.S.O. e eses contos falaban de ser solidarios xa que estaban relacionada coa semana mundial polo paz. Eses contos trataban mediante contos conciencias a xente de ser solidaria. Un dos contos que recordo era que tiñamos que abrir a ventá e atrapabamos un conto solidarios e conta un .

    ResponderEliminar