martes, 23 de marzo de 2010

UN PACTO DE AMOR




Un pacto de amor: a miña vida xunto a Vicente Ferrer. Unha historia real, que nos axuda a aproximarnos á interesante vida dun dos homes máis relevantes do noso século. A directora de Programas da Fundación Vicente Ferrer na India, e muller do fundador desta ONG relata a súa vida en Anantapur. Un libro inédito que constitúe a testemuña de 40 anos de compromiso coas comunidades máis discriminadas da rexión e con Vicente Ferrer.

O alumnado de 2º da E.S.O. traballará durante todo o 3º trimestre esta lectura obrigada, dentro da materia de Lengua Castelá, e reflexionarán sobre os contidos da mesma na materia de Educación para a Cidadanía.






lunes, 22 de marzo de 2010

INTERCAMBIO EPISTOLAR: PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL









Enmarcada dentro do proxecto "School to School" que estamos a realizar coa escola Konanpalli, no distrito de Anantapur (India) a través da Fundación Vicente Ferrer, esta actividade consiste na realización de presentacións dos alumnos/alumnas, con fotografía e texto. Os traballos realizados están expostos na biblioteca escolar, e a finais de Marzo serán enviados á escola da India, xunto con outros materiais elaborados durante o presente curso.





II PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN PARA EL DESARROLLO

Animamos a todos os centros educativos a presentarse na II edición do Premio Nacional de Educación para el Desarrollo “Vicente Ferrer”. O noso proxecto foi galardonada na I edición do premio, e tras este recoñecemento á nosa labor, toda a nosa comunidade educativa está máis implicada e motivada, ademáis de ter a oportunidade de difundir os nosos ideais máis aló das paredes da nosa escola.

O Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, a través da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID) e o Ministerio de Educación, publica as bases desta convocatoria, dirixida a centros docentes, públicos e concertados, e nos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria, Educación de Persoas Adultas, Formación Profesional e Bacherelato.

Ao premio poden presentarse, ata o 18 de maio, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas realizadas durante o curso académico 2009-2010 orientados a sensibilizar, concienciar e desenvolver un espírito crítico, respecto ao desenvolvemento global, á loita contra a pobreza e á promoción dun desenvolvemento saudable da infancia e mocidade.



martes, 16 de marzo de 2010

ARDE MISSISSIPPI


Sinopse


No "Verán da Liberdade" de 1964, Michael, Andrew e James chegaron a Mississippi como voluntarios dun grupo defensor dos dereitos civís que educaba e rexistraba electoralmente aos afroamericanos. Pero o Ku Klux Klan asasinounos e escondeu os seus corpos.

Baseada nestes feitos reais, a película retrata un dos episodios máis terribles da historia de Estados Unidos, pero céntrase nas investigacións dos dous axentes que o FBI envía a pechar o caso, Ward e Anderson.

Nun contorno que lles considera hostís e coas autoridades locais dificultando o traballo, ambos farán chocar os seus métodos e as súas personalidades desde o primeiro momento. E a situación e os conflitos co KKK van a peor segundo Ward vai enchendo o pobo de máis axentes procedentes de Washington.

O director Alan Parker recibiu moitas críticas polas licenzas artísticas que utilizou para facer ficción dun feito que nos seus días xa levantou bochas, pero a película é todo un duelo interpretativo entre Gene Hackman e Willem Dafoe, que ademais levou un Óscar á mellor dirección de fotografía.

sábado, 6 de marzo de 2010

CONCURSO ONCE

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras. Tamén unha experiencia vale máis que mil palabras. Para comprender realmente algo, para afacerse á idea, o mellor e vivilo.
Iso é o que fixeron os/as nosos/as alumnos/as atrevéndose a vivir a discapacidade durante un anaco. Puxéronse na pel dos protagonistas de cinco interesantes relatos.
A ONCE, a través da súa campaña "Superamos barreras cada día" anima aos escolares a traballar coa súa imaxinación e creatividade, deseñando as portadas para una serie de relatos que versan sobre a vida de persoas con discapacidade. Aquí tedes a mostra dos nosos traballos e da exposición que fixemos na Biblioteca Escolar.

Xosé Manuel e Pedro, encargados da Biblioteca, colocan os paneis da exposición.

Relato e ilustracións

Relato e ilustracións


                                   
               

viernes, 5 de marzo de 2010

CRÓNICA DO II ENCONTRO GLOBAL DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Ola a tod@s. Xa estamos de volta de esta fin de semana tan intensa que pasamos en Guadarrama. Nesta Asamblea na que o lema era “Conecto e cambio”, 150 xóvenes de tódalas redes de España así coma 70 docentes e 30 voluntarios tivemos a oportunidade de “conectar”, compartir e convivir con outros moz@s e docentes comprometidos co cambio. Voltamos cargados de aprendizaxes e vivencias, de propósitos e ilusións, de imaxes e sons, e de enerxía renovada para seguir traballando por un mundo máis xusto e mellor.

Aquí vos deixamos unha reportase do que foron estes días.