martes, 28 de julio de 2009

VIDEO PARA A REFLEXIÓN

Primeiro Obxectivo do Milenio: Erradicar a fame extrema no mundo.

Preto de 30.000 menores de idade falecen cada día pola pobreza no mundo. 800 millóns de persoas deitanse con fame cada noite e 1.200 millóns viven con menos dun dólar o día. O primeiro Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio e erradicar a pobreza extrema e a fame.
Como complemento a estes datos de abraiante dureza, propóñovos que vexades a curtometraxe Chicken a la Carte (Pollo a la carta), obra de Ferdinand Dimadura, un dos triunfadores do 56º Festival Internacional de Cine de Berlin. Na obra mostra a unha porción esquecida dá sociedade, á xente que vive do lixo dos homes para poder sobrevivir. Está inspirada nesas persoas que nunca deixaron de lado a esperanza e a espiritualidade. Unha obra na que o consumismo, o poder, a dilapidación e a insensatez duns, contrasta ca miseria, a necesidade e as carencias doutros. Son duas caras dá mesma moeda, e a moeda chámase inxustiza.

miércoles, 22 de julio de 2009

PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN PARA EL DESARROLLO

¡NORABOA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.P.I. "VIRXE DA CELA"




O Ministerio de Asuntos Exteriores, a través dá Axencia Española de Cooperación Internacional, acaba de conceder o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento o noso centro, en recoñecemento aos proxectos levados a cabo neste ano académico.
Durante este curso procuramos traballar por unha Educación para o Desenvolvemento multicultural e diversa, que servira para xerar propostas educativas como: aprender a coñecer de xeito crítico diverso e ético, aprender a facer, a ser solidarios e a ser cidadáns conscientes da globalidade das nosas accións. Dende esta formulación intentamos reflexionar e crear propostas , non só para saber “o mal que está o mundo” e permanecer inmóbiles, senón intentando aportar o noso gran de area dende a convicción de que “outro mundo é posible”.
Este premio é un motivo de gran ledicia para todos e é unha realidade grazas ao traballo, implicación e colaboración de toda a comunidade educativa. Por todo iso noraboa.

En setembro viaxaremos a Antigua (Guatemala) para compartir as nosas experiencias con outros centros educativos e con expertos en educación para o desenvolvemento.


Graciñas a todos e todas e....seguiremos informando.