lunes, 22 de junio de 2009

VIII ENCONTRO EN REDE

VIII ENCONTRO EN REDE
20 de Xuño de 2009
Rianxiño. Rianxo.

Este sábado 10 alumnas e duas profesoras, en representación do noso centro, fúmonos a Rianxo ó VII Encontro en Rede . Foi unha xornada espléndida na que poidemos compartir as nosas experiencias, facer novas amizades, divertirnos, emocionarnos e, cómo di o lema do encontro "Comunicarnos" cos rapaces e rapazas doutros centros da nosa comunidade. Foi unha xornada festiva na que non houbo lugar para o aburrimento.


11:00.- Chegada a Rianxo. Entrega de acreditacións.


11:30.- Almorzo e presentación.



12:00.- Momento de diversión. Café. Obradoiro de profesores/as.



14:00.- Xantar e descanso.


15:45.- "Verbena" con Pepo Suevos, "Metralla" en Terras de Miranda (serie da TVG)




16:30.- Presentación das Axendas Solidarias

Pola tarde os rapaces e rapazas que asistiron a Rianxo representando os centros da Rede Galega da Mocedade, resumiron as suas axendas solidarias deste curso e deixaron constancia da sua forte implicación e compromiso, poñendo de manifesto que "un mundo mellor é posible" grazas a colaboración e solidariedade de tod@s.



17:30.- Homenaxe. Despedida.

















18:00.- Merenda. Fin da xornada. Voltamos a casa







viernes, 19 de junio de 2009

RECADACIÓN "MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS"

Na recadación de donativos da actividade “Marcapáxinas Solidarios”, realizada no noso centro no mes de Abril, obtivemos un importe de 176´13 euros. Estes cartos foron ingresados na conta bancaria da O.N.G. Save the Children.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

miércoles, 17 de junio de 2009

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR


Datas:
-Mércores 17 de Xuño de 2009. De 10:00 a 12:00 e de 12:30 a 14:30: 1º ciclo da E.S.O.
-Xoves 18 de Xuño de 2009. De 10:10 1 12:00 e de 12:30 a 14:30: 2º ciclo da E.S.O.

Imparten o obradoiro:
Eugenio Nemiña Suárez e Jesús A. López Bergantiños, Formadores da Garda Civil no Plan Director
Os obxectivos desta campaña son:
-Acercar os servicios públicos de seguridade á comunidade escolar, para mellorar a confianza do alumnado nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, como elemento de garantía da seguridade e das liberdades públicas na sociedade democrática.
-Axudar a mellorar o coñecemento do alumnado, profesorado e familias sobre os problemas de seguridade que afectan á xente nova.
Os problemas nos que se centra a campaña:
-Acoso escolar.
-Drogas e alcol.
-Bandas xuvenís.
-Riscos de Internet.
Trátase de ofrecer información sobre estes problemas e os seus riscos obxectivos, de motivar ao alumnado na adopción de contuctas pro-activas e de facilitar a familias e profesorado as pautas de detección e reacción, ademais da axuda inmediata, nas situacións máis graves, de funcionarios policiais especializados.

martes, 16 de junio de 2009

EDUCAR EN IGUALDADE







O Luns 15 e o Martes 16 de Xuño de 2009 o alumnado da E.S.O. do noso centro ten a oportunidade de "aprender en igualdade" a través das xornadas "Educar en Igualdade", un obradoiro de sensibilización organizado polo Concello de Monfero, impartido polo Grupo OBZ Consulting, e financiado pola Deputación da Coruña. Cada alumno/a terá á súa disposición un caderno de apoio, que contén información sobre "O papel das mulleres na historia", así como xogos, pasatempos, e propostas de actividades para aprender de forma lúdica.


Horarios:




Luns 15 de Xuño, aula de UUMM3
-De 10:00 a 12:00.- 1º ciclo da E.S.O.
-De 12:30 a 14:30.- 2º ciclo da E.S.O.

Martes 16 de Xuño, aula de UUMM3
-De 10:00 a 12:00.- 1º ciclo da E.S.O.
-De 12:30 a 13:30.- 2º ciclo da E.S.O.






Obradoiro de imaxes: estereotipos de xénero; publicidade sexista


Obradoiro de imaxes: estereotipos de xénero; publicidade sexista




Exposición de carteis nos corredores do centro

ANOCA: Aprender no cárcere




Luns 15 de Xuño de 2009: O profesorado da EPAPU do cárcere de Teixeiro visita o noso centro, acompañados por dous internos do centro penitenciario. Presentan o Proxecto ANOCA, "Aprender no cárcere", contando a súa enriquecedora experiencia como docentes no Módulo Terapéutico. Os dous internos contaron as súas vivencias personais, e responderon ás preguntas formuladas polos alumnos/as.

Horario:

-De 11:00 a 12:00.- 2º ciclo da E.S.O.

-De 12:30 a 13:30.- 1º ciclo da E.S.O.

lunes, 15 de junio de 2009

ENCONTRO FIN DE CURSO DA REDE SOLIDARIA ENTRECULTURAS

Este é o programa do Encontro de Fin de Curso.






Un gran motivo para estar xuntos, para compartir, para divertirnos, para reír e para alguna que outra sorpresa...


VÉMONOS EN RIANXO O PRÓXIMO SÁBADO


jueves, 11 de junio de 2009

A REDE SOLIDARIA: CHARLA CON SANDRA RODRÍGUEZ

Sandra Rodríguez e a profesora de relixión Yolanda Castro

O pasado Mércores 10 de Xuño de 2009 Sandra Rodríguez Couso, Técnica da Fundación Entreculturas, visitou o noso centro. Sandra animou ao alumnado da E.S.O. a continuar a súa labor solidaria, lanzando parabéns por todas as actividades que se están levando a cabo no noso centro gracias á participación de todos: alumnado, profesorado e familias. Sandra convidounos a participar na Xuntanza Rexional da Rede Solidaria Entreculturas que terá lugar o vindeiro Sábado 20 de Xuño en Rianxo, con xóvenes de toda Galicia. Asímesmo anticipou información da próxima xuntanza nacional que terá lugar a última fin de semana de Febreiro de 2010 en Madrid.



"Educar é dar oportunidades",
este é o lema da Fundación Entreculturas.


Se queredes máis información sobre a Rede Solidaria Entreculturas, podedes visitar a súa páxina web http://www.entreculturas.org/, ou poñervos en contacto con eles a través do enderezo redesolidaria@entreculturas.org.

martes, 9 de junio de 2009

EDUCACIÓN EN VALORES


Na nosa educación como cidadáns é básica a adquisición de valores que faciliten e melloren a nosa vida en comunidade. Intenta definir cada un destes conceptos e analiza a súa importancia na túa propia experiencia e na humanidade no seu conxunto. Cres que a través da materia de E.P.C. conseguimos afondar neles? Podes añadir a esta lista outros valores que consideres necesarios para mellorar as relacións humanas e construir entre todos un mundo mellor?

Cooperación
Escoita
Diálogo
Proximidade
Tolerancia
Justicia
Non violencia
Compromiso
Participación
Empatía
Amor
Equidade
Responsabilidade
Espírito crítico
Solidariedade
Consumo responsable

lunes, 8 de junio de 2009

ÉXITO DA SAME (SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN)


O Instituto Cervantes de Madrid foi o escenario no que se desenvolveu A Gran Lectura, o acto principal da Semana de Acción que promove tódolos anos a Campaña Mundial pola Educación (CME). Este evento, ao que acudiron preto de 100 persoas entre escolares, docentes, membros de ONG e representantes políticos, tivo como obxectivo poñer de manifesto a importancia da educación na loita contra a pobreza, en concreto, a campaña centrouse este ano na alfabetización de persoas novas e adultas.

Neste sentido, na última parte do acto, os alumnos e alumnas -en representación de todos os colexios españois que participaron na SAME 2009-, expresaron coas súas palabras a importancia que para eles ten a educación e, polo tanto, a necesidade de garantir este dereito a todas as persoas do mundo. A continuación, Luís Arancibia, presidente da Coalición Española da CME, solicitou á os representantes políticos asistentes ao acto unha firma de compromiso cos obxectivos da campaña. A firma, plasmada ao final do Gran Libro de Relatos, constitúe un compromiso dos líderes políticos de contribuír á meta de Educación para Todos en 2015.

Peticións formais da Campaña:

1. Destinar, polo menos, o 0.7% do orzamento español a Axuda aos países do Sur.


2. Destinar máis diñeiro da Axuda Oficial ao Desenvolvemento para a Educación Básica dos países do Sur, polo menos o 8%.

3. Continuar apoiando iniciativas que favorezan unha Educación para todos e todas, como a Iniciativa de Vía Rápida e o Canxe de débeda por educación.

4. Eliminar as condicións da axuda, renunciando a impoñer a compra de bens ou servizos de orixe española, así como outro tipo de condicións macroeconómicas que contradigan obxectivos como o reforzo do gasto en Educación.

5. Respectar e protexer as políticas educativas dos países do Sur que dean prioridade á formación e mellora das condicións de vida dos e as docentes.

6. Aumentar considerablemente a porcentaxe de AOD destinado á alfabetización de persoas novas e adultas, que actualmente está en torno ao 5% do adicado a educación.

7.Garantir unha axuda de xeito estable e a longo prazo, para que os países do Sur poidan planificar as súas políticas educativas adecuadamente.





jueves, 4 de junio de 2009

AVALIACIÓN DA MATERIA E.P.C.






















O curso estase a rematar. É o momento de avaliar esta nova materia, Educación para a Cidadanía. Elabora un comentario indicando os contidos máis interesantes, os máis aburridos, outros para abordar o próximo ano, o funcionamento de grupo, a labor do profesorado, etc.
Coas vosas opinións trataremos de mellorar esta asignatura cara o curso próximo. Graciñas a todos.

lunes, 1 de junio de 2009

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O próximo 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Baixo o lema:
"A TERRA COMPROMETIDA"
, queremos aproximarnos á difícil situación que atravesa a biodiversidade existente en moitos lugares do mundo e os/as que a habitan, por causas que teñen que ver coa actividade humana e, que en gran parte dos casos, poderían ser evitadas.

A desertización que se está a dar en moitos lugares do noso planeta pode ser natural pero en gran parte dos casos é provocada ou agravada por actividades humanas como o sobrepastoreo, a tala de árbores, o mal uso do chan e da auga ou o modelo de consumo actual, que incide no aumento do efecto invernadoiro, causando o quecemento global.

Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, a desertización ameaza á cuarta parte das terras do planeta.






Consecuencias: A desertización comporta fame, pobreza, guerras.
No mundo hai:

• máis de 100 millóns de persoas que sofren a ameaza do éxodo debido á inseguridade alimentaria.

• 25 millóns de persoas que se viron obrigadas a emigrar debido á desertización das súas terras.

A situación destas persoas non está recoñecida internacionalmente, polo que non existen estruturas de acollida para elas a diferenza do que ocorre coas persoas que se ven obrigadas a deixar os seus fogares por outros motivos. Expertos en desertización e migracións comezan a avogar polo recoñecemento internacional do estatus de "Refuxiado ecolóxico".

Actividade:
Propoñemos unha viaxe imaxinaria a partir da cal traballaremos o respecto e o coidado recíproco para a Terra. Iníciase cunha historia que deberá ser continuada en asemblea entre todos e todas e posteriormente traballaranse con debuxos a importancia dos elementos naturais e o compromiso que debemos asumir de coidado para eles/as.

Xesto:
Comprometéndonos coa Terra

Cadaquén pensará algunha acción que poida asumir de compromiso coa Terra (reciclar, reducir consumo, reempregar, informarse, sensibilizar a outros/as,…) e erguerase a poñer unha tiriña no mundo debuxado no cartel dicindo en voz alta o seu compromiso.