jueves, 21 de mayo de 2009

martes, 19 de mayo de 2009

MI PIE IZQUIERDO


Película baseada na vida do escritor irlandés Christy Brown.


Christy é o décimo de 22 irmáns dunha familia pobre. A parálise permítelle soamente mover unha parte do seu corpo, que é precisamente a que lle da nome á película: o pé esquerdo. A parálise cerebral non afecta á intelixencia, e co seu pé esquerdo Christy escribe unha autobiografía- o guión da película foi elaborado a partires dela- e logra unha destacada técnica para pintar.

Reflexiona:

1.- Discapacidade na parálise cerebral: limitacións físicas, psíquicas, obstáculos.

2.- O pincel como unha voz: a través da arte da pintura Christy logra expresar os seus sentimentos.

3.- A familia de Christy: o pai, a nai, os irmáns.

4.- Momentos felices da vida de Christy.

5.- Momentos difíciles da vida de Christy.

6.- Un final feliz.

7.- Valoración persoal








jueves, 14 de mayo de 2009

CUARTO MUNDO: POBREZA NOS PAÍSES DESENVOLVIDOS

A distribución desigual da riqueza nos países do Primeiro Mundo aumentou a distancia que separa ás persoas ricas dos grupos máis desfavorecidos.

O crecemento económico dos países desenvolvidos deu orixe ao que se coñece como Cuarto Mundo, un termo que engloba a todas aquelas persoas que residen nos países máis avanzados, pero atopanse excluídas ou en risco de exclusión social.

¿Por que xorde?
O termo 'Cuarto Mundo'
foi utilizado por primeira vez nos anos 70 para designar a aquelas persoas que viven en situacións realmente precarias. O seu creador foi o pai Joseph Wresinski, criado nun ambiente moi afastado da opulencia e que fundou en 1957 a primeira asociación contra a exclusión dos máis pobres. "O Cuarto Mundo é un pobo formado por homes, mulleres e nenos que, xeración tras xeración, vense excluídos dos dereitos fundamentais dos que goza o resto da sociedade. Vense excluídos dos progresos sociais e da participación na vida asociativa, política, relixiosa, cultural, sindical... das súas sociedades. Non se conta con eles como interlocutores senón, como moito, como meros beneficiarios de axudas. ¿Pero cal é a principal característica deste denominado Cuarto Mundo? O máis curioso é que xurde dentro do que se coñece como Primeiro Mundo. É nos países máis avanzados onde a gran diferenza no reparto da riqueza dá lugar a dous grandes grupos que ocupan un mesmo espazo físico, pero non social. Non son casos illados. Segundo datos de Médicos do Mundo, só en Europa residen máis de 40 millóns de persoas pobres.

A miseria sempre estivo presente na nosa sociedade. Sempre existiron ricos e pobres. Pero é agora cando esta diferenza faise máis patente. A medida que a economía do mundo occidental crece, tamén aumenta o número de persoas ás que esta riqueza non chega. Téndese a pensar que os máis pobres viven nos países do Sur. Sorprende recoñecer a pobreza 'a beira da casa', pero a hai. "En tódolos países hai pobres, que son os que menos medios teñen para saír adiante".
Combater a pobreza é un dos retos da sociedade en que vivimos. Se non se atopa unha solución, o problema pode facerse crónico e entrar nunha espiral de difícil saída. É necesario poñer sobre a mesa as diferentes situacións de exclusión social e afrontar cada unha delas coas mellores ferramentas. Unha das claves podería ser a incorporación destas persoas ao proceso produtivo ou a elaboración dunha Lei de Inclusión Social. "O crecemento económico espectacular xerado nos últimos anos non contribuíu a garantir os dereitos humanos nin a mellorar as condicións de vida de tódolos cidadáns porque o umbral de pobreza non descendeu.
Dentro da categoría podemos atopar:
Anciáns desamparados.
Viuvas e nais sen medios económicos.
Nenos abandonados, explotados ou prostituidos.
Marxinados sociais (drogadictos, alcohólicos...)
Persoas sen fogar e mendigos.
Persoas sen protección oficial.




Proposta de actividade (ESO): Lectura do texto “Mendicópolis”,unha cidade real.
Tralo debate do tema e a exposición do mesmo na clase, debedes facer un comentario reflexivo e agregar as conclusiones as que cheguedes no noso blogue.



IDEAS DE BAIXO CONSUMO RESPONSABLES E SOLIDARIAS.


Ideas de baixo consumo responsables e solidarias.

Instituto Galego de Consumo, Xunta de Galicia.

Todos somos responsables das consecuencias sociais e ambientais que supón a producción dos bens e servizos que adquirimos. Sabemos que os recursos naturais son limitados, que non sempre se respectan os dereitos humanos nos procesos de fabricación e que, ademais do prezo, pódense e temos que avaliar outros factores de compra.
Cando lle engadimos o cualificativo de "responsable" ao noso consumo, estamos a falar da importancia que ten o noso papel como consumidores á hora de elexir entre as distintas posibilidades que nos ofrece o mercado, tendo en conta a protección do medio, a solidariedade e outros valores.
Así poderemos optar por un consumo ecolóxico e que non comprometa as opcións das xeracións vindeiras, así como por un consumo solidario, evitando así que o noso consumo non comprometa o benestar doutros.
O consumo responsable consiste en ter en conta todas as repercusións sociais, ambientais e económicas no momento de elexir entre as infinitas opcións que nos ofrece o mercado.


Non por mercar máis seremos máis felices...

É o momento de modificar os nosos hábitos de consumo...

PROPOSTA DE ACTIVIDADE:

Traballo en grupo: Cada grupo (4 persoas) utilizará o manual Ideas de baixo consumo responsables e solidarias, Instituto Galego de Consumo, Xunta de Galicia, para consultar información e elaborar un guión, e posteriormente cada grupo realizará unha exposición oral do seu traballo de investigación. Cada grupo centrarase nun apartado:

1.- Consumo responsable co medio ambiente.
2.- Consumo responsable dos recursos naturais: auga e enerxías.
3.- Comercio Xusto.
4.- Alimentación responsable.


Traballo individual: Manifesto de compromiso individual: modificando os meus hábitos de consumo. Presentación do traballo a través do link "comentarios".

lunes, 11 de mayo de 2009

O DÍA DA PAZ



Texto elaborado polo alumnado de 3º de Primaria:



O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, aínda que todos os días do ano debemos procurar que sexan días de Paz.
Fixemos un mural cunha pomba: collemos un folio e marcamos as nosas mans, recortámolas e rizamos os dedos coas tesoiras. Logo pegámolas no corpo da pomba.O ceo pintámolo con esponxas e témpera.
A pomba e as nosas mans xuntas simbolizan a Paz.
Tamén puxemos un corazón cunha frase porque o amor é símbolo de Paz.
Finalmente, falamos de que a Paz comeza estando contentos e en paz con nós mesmos, logo coa familia, veciños, profes, compañeiros…
O mural quedounos así de “chulo”, ¿Gústavos?



OS NENOS DE 3º DE PRIMARIA CONSIDERAMOS QUE TEMOS DEREITO A:

- Ter amigos e xogar con eles.
- Aprender e recibir educación.
- A ler.
- A rir
- Á sanidade.
- Descansar.
- Facer plástica.
- Ler moito.
- Ir ao baño cando sexa necesario.
- Preguntarlle á profe se non se entende algo ou se temos dudas.
- Facer as mesmas cousas ca os demais.
- A que nos escoiten cando falamos.
- Que non nos peguen.
- Decidir algo e falalo cos demais.
- Ir de excursión e non escapar.
- Facer traballos en grupo.
- Estudar.
- Comer.
- Ser respetado.
- Transporte escolar.
- Divertirnos aprendendo.
- Facer deporte.
- Que non nos peguen.


MAIS TAMÉN TEMOS O DEBER DE:

- Estudar e facelos deberes.
- Escribir o mellor que sepamos e sen faltas.
- Coidar o material, os libros da biblioteca…
- Non pegar nin facer trampa nos xogos.
- Ir limpos.
- Ser educados e ordenados.
- Respetar ós compañeiros, ós profesores e as normas da clase.
- Non destragar a comida.
- Atender á profe e facer os deberes.
- Non insultar, non facer burlas nin decir” palabrotas”.
- Ser bos e non facer dano ós demais.
- Non berrar no comedor escolar.
- Non pelexarse nos recreos.
- Facer examenes e intentar non suspender.
- Mellorar o noso comportamento.E prestar as nosas cousas.
- Sacudir os pés antes de entrar na clase.
- Obedecer e escoitar a Marisol, a nosa profesora.
- Escoitar, pensar, non estar “papando moscas”.
- Non interrumpir cando alguén está falando.
- Non mentir.Axudar ós demais e non desprecialos.
- Decirlle a unha profe que un neno me pegou en vez de pegarlle outra vez.E preocuparme polos demais.

jueves, 7 de mayo de 2009

EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS




Esta película pretende ser unha crítica aos sistemas educativos tradicionais, así como á sociedade que representan. Para qué a educación? Desexamos estudantes sumisos, capaces de obedecer aos superiores? Queremos preparar aos nosos estudantes para que sexan bos "subditos"? Ou pola contra preferimos que aprendan a pensar por si mesmos, a ser persoas libres, responsables, cidadáns, capaces de tomar as decisións máis adecuadas nos asuntos da sociedade? Que valores desexamos transmitirlles? Tradición, honor, disciplina, rigor, sumisión, grandeza, hipocresía? Ou amor, liberdade, sinceridade, tolerancia e diálogo?
Non acadaremos os obxectivos adecuados sen a cooperación dos restantes estamentos da sociedade, e menos aínda sen a comprensión das familias e dos poderes educativos.



Proposta de actividade: Visionado da película, lectura de textos, e comentario reflexivo:

miércoles, 6 de mayo de 2009

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN