miércoles, 29 de abril de 2009

GAÑADORES CONCURSO MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

MODALIDADE EDUCACIÓN INFANTIL

O Xurado determinou otorgar un premio colectivo a repartir en Educación Infantil




MODALIDADE EDUCACIÓN PRIMARIA

Marcapáxinas finalistas:
Sheila Buyo Collazo (4º Ed. Primaria); Aldara (1º Ed. Primaria); Nerea (3º Ed. Primaria); Elisa Fernández Martínez (6º Ed. Primaria); Martín Cortizas Suárez (5º Ed. Primaria)





Marcapáxinas gañador:
Sergio García Coira (2º Ed. Primaria)



MODALIDADE EDUCACIÓN SECUNDARIA


Marcapáxinas finalistas:
Lorena Varela (1º E.S.O.), Luz Mery Barral (2º E.S.O.), Jacqueline López Pérez (3º ESO),Lucía Pérez (4º E.S.O.)





Marcapáxinas gañador:
Saray Fernández Mosquera (3º E.S.O.)


viernes, 24 de abril de 2009

A NOSA EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

Como xa indicamos días atrás, con motivo da "Semana Mundial pola Educación"e do "Día do libro", realizamos no cole unha exposición de marcapáxinas.

A continuación podedes ver a reportaxe de dita exposición.
Gracias a tódolos cursos do C.P.I.,( infantil, primaria e secundaria), pois sin eles non se tería levado a cabo tan magnífico traballo.





Unha pequena mostra dalgúns dos marcapáxinas feitos no colexio.























Aquí vemos os preciosos marcapáxinas que, dirixidos pola sua profesora Estela, fixeron os nenos e nenas de infantil.



A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN. Por Nuria Martínez Castelos, alumna de 4º da ESO

Ola!. Eu son Nuria e vou contar algo que creo que tamén lle ocorre a moitos adolescentes da miña idade.
Teño quince anos e estou en 4º da ESO. Cada día levántome e déitome perezosa de pensar que ao día seguinte tamén terei que madrugar para ir de novo ao colexio, botar alí parte do día cos profesores, escribindo e estudando todo o tempo; algo que á maioría dos nenos non nos gusta. Malia iso, eu aproveito o tempo todo o que podo e, cada día, adico as horas que necesito a facer os deberes e estudar. Por agora aprobo todas as asignaturas e espero que iso sexa sempre así.
Teño varias razóns que me motivan para estudar e aprender, unha delas é polo meu propio ben para que, no futuro, teña un traballo asegurado e poida vivir eu mesma sen axuda de ninguén; a outra, e baixo a miña opinión, de gran importancia, é que sei que millóns de nenos, sobre todo do terceiro mundo, desexan cunhas ganas inmensas poder ir a un colexio para aprender, aínda que só sexa o máis básico (ler, escribir, sumar, restar); nembargantes atópanse coa crúa realidade de non poder facelo por non ter ningún tipo de medios que llo permitan.
Por todo isto dende aquí mando unha mensaxe a todo o mundo para que saiba aproveitar o tempo aprendendo, porque nós sí que temos o luxo de poder ir o colexio e, moitas veces, non nos paramos a pensar niso. Xa sei que facer o esforzo de estudar non lle gusta a moitos, pero na vida non todo é tan doado, non poden dárnolo todo feito. Temos que sacrificarnos un pouco polo noso propio ben e, ás veces, ata polo ben dos demais.

NURIA

domingo, 19 de abril de 2009

20-26 Abril 2009. SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN


Este ano baixo o lema "Abre un libro, abre o mundo", millóns de nenos e nenas, docentes e activistas participarán "Na gran lectura" e esixirán os seus representantes políticos que garantan a tódalas persoas o dereito de aprender a ler e escribir.
Con tal motivo e aproveitando a "Semana Mundial pola Educación" e "O día do libro", o noso centro reescribirá o futuro de miles de nenos e nenas que non poden aprender a ler nin escribir.

A través do concurso de “Marcapáxinas solidarios” o noso centro promoverá a educación en valores solidarios e o gusto pola lectura entre o alumnado e as familias.

Descrición da actividade:

 Os alumnos traballarán nas titorías na creación de marcapáxinas solidarios (debuxo, texto, collage, etc.). Os traballos serán entregados antes do mércores 22 de Abril.
 O 23 de Abril, conmemorando o Día do Libro, todos os marcapáxinas serán expostos nos taboleiros da Biblioteca Escolar, e un xurado adxudicará premios aos mellores traballos, tendo en conta a súa calidade artística e mensaxe solidaria (os textos serán escritos en galego, xa que os premios son financiados polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística)
 Posteriormente todos os marcapáxinas serán entregados aos seus autores, que repartirán entre lectores do seu contorno a cambio dun pequeno donativo (0’50 €, 1 €, por exemplo), e así axudar a ofrecer unha educación de calidade a miles de nenos e nenas.
 Os cartos recaudados serán enviados á O.N.G. Save the Children


Material entregado aos Titores:

 Guía didáctica, con propostas para desenvolver nas aulas o Día do Libro, celebrándo esta data especial como un día de lectura e solidariedade.
 Follas con marcapáxinas recortables, asinados por escritores solidarios, para que os alumnos/as participantes poidan traballar neles con debuxos, textos, collages, etc.

Monfero, 15 Abril 2009

lunes, 13 de abril de 2009

RASTRO SOLIDARIO

Dende as materias de Educación para a Cidadanía e Relixión de Secundaria decidimos programar un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Save the Children no seu proxecto de axuda a Níxer.

Save the Children, é unha ONG que está levando a cabo un proxecto de educación en valores, para contribuír á mellora da vida de moitos nenos e nenas do Níxer.

O rastro levouse a cabo o venres 3 de abril, e foi todo un éxito. A continuación podedes ver a reportaxe do mesmo.

PREPARANDO O RASTRO SOLIDARIO





MONTAMOS O RASTRO





PERO QUE BONITO QUEDOU!





DURANTE AS PRIMEIRAS HORAS DA MAÑÁ, VOLUNTARIAS DA CRUZ VERMELLA DE BETANZOS ACOMPAÑADAS POR INMIGRANTES DE SENEGAL,REALIZARON UNHA CHARLA COLOQUIO PARA OS ALUMNOS DA ESO.