miércoles, 18 de marzo de 2009

C.P.I. "VIRXE DA CELA" SOLIDARIO

O C.P.I “VIRXE DA CELA” DAVOS A BENVIDA A ESTE BLOGUE, CO QUE PRETENDEMOS DAR A COÑECER TODAS AQUELAS ACTIVIDADES SOLIDARIAS QUE REALIZAMOS COS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS NO CENTRO.

"Kentaja" na escola

O pasado martes 17 de marzo, a nosa profesora e compañeira Carmen Espiñeira obsequiounos cunha preciosa charla acompañada co visionado de diapositivas das súas experiencias en Camerún. Carmen visitou o proxecto "Kentaja" no verán de 2005, acompañada por outros membros da delegación galega da O.N.G."Kentaja". Os nenos e nenas de terceiro ciclo de primaria e de primeiro ciclo da E.S.O. tiveron a oportunidade de disfrutar dunhas magníficas fotografías, e a través delas coñecer a realidade ben distinta da infancia nos países do terceiro mundo.Esta charla forma parte das actividades de sensibilización programadas para a preparación do Rastro Solidario de axuda ao Níxer, que terá lugar no noso centro o vindeiro venres 3 de Abril de 2009.





RASTRO SOLIDARIO

PROPOSTA DA ACTIVIDADE: Dende as materias de Educación para a Cidadanía e Relixión de Secundaria estase a programar un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Save the Children no seu proxecto de axuda a Níxer.

Save the Children, é unha ONG que está levando a cabo un proxecto de educación en valores, para contribuír á mellora da vida de moitos nenos e nenas do Níxer.


1ª FASE: Campaña de sensibilización. Terá lugar durante o mes de Marzo, para dar a coñecer a realidade no Nixer, e concienciar ao alumnado da necesidade de colaborar con esta causa. Esta campaña de sensibilización abordarase dende diferentes actividades:

-Traballo nas titorías coa Revista Para la Solidaridad de Save the Children: Solidaridad con la infancia de Níger, Rastro Solidario.

-Proxección do documental S.O.S Níger, de Unicef, coa participación de Ana Duato e Inmanol Arias.

-Visionado de diapositivas da viaxe realizada por Carmen Espiñeira a Camerún para traballar como voluntaria nun proxecto de cooperación.

-Charla-obradoiro da Cruz Vermella de Betanzos, sobre as súas actividades de acollida para os inmigrantes no concello de Betanzos. Participación dun grupo de inmigrantes senegaleses para falar en primeira persoa das súas experiencias, e peche da charla cunha exhibición de percusión africana.


2ª FASE: Organización e posta a punto do Rastro Solidario.

Data: Venres 3 de Abril 2009. Data proposta para a realización do rastro solidario en xornada única. Xustificación da idoneidade desta data: no mes de Abril celébrase a campaña mundial pola educación; o día 3 de Abril farase a entrega das notas e comezarán as vacacións de Semana Santa.

Lugar: Entrada edificio de Secundaria.




...........................................................
Queridas familias:
Dende as materias de Educación para a Cidadanía e Relixión de Secundaria estase a programar un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Save the Children no seu proxecto de axuda a Níxer. Por isto solicitamos a súa colaboración, que poderán contribuír de maneira voluntaria aportando os obxectos que estarán á venda no Rastro.
-Cada alumno/a poderá aportar un máximo de 3 obxectos.
-Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos... que estean en boas condicións, sen deterioro, e que non sexan moi voluminosos.
-Os alumno/as que desexen participar deberán entregar os obxectos a través das titorías na semana do 23 ao 27 de Marzo de 2009.
-Os obxectos deberán estar metidos nunha bolsa, coa ficha de descrición debidamente cuberta.
-Os obxectos estarán expostos á venda no Rastro Solidario que terá lugar o Venres día 3 de Abril de 2009, en horario lectivo, situado na entrada do edificio de Secundaria.
-Todo o material que non se venda será devolto posteriormente ao seu propietario/a.
Monfero, a 6 de Marzo de 2009
-------------------------

A SUPERVIVENCIA: UNHA LOITA CONTINUA EN NIXER
En Nixer os nenos e as nenas teñen moi difícil o chegar a cumplir cinco anos. De feito, un de cada cinco non o acadará!. As veces, unhas gotas de auga poden ser a clave. ¡Poñamos a nosa gota!




OS ALUMNOS DE 4º TRABALLAMOS OS OBXECTIVOS DO
MILENIO.
No primeiro trimestre do curso os alumnos de 4º da ESO fixemos un traballo que recolle os OITO OBXECTIVOS DO MILENIO. Coa colaboración dos sete alumnos que compoñen a clase creamos uns paneis con cada un dos obxectivos, dicindo de que trataban e poñendo fotos que verifican a necesidade de que estes retos se cumpran antes do 2015.
Nos pensamos que con unha pouca colaboración da nosa parte podemos salvar miles de vidas, e a nosa meta é estimular á xente para que se sensibilice e axude ós mais desfavorecidos.
Tódolos paneis foron expostos a vista do alumnado e do profesorado, para que todo o mundo vexa que nós tamen somos solidarios.
Por último, cabe dicir que todos nós fomos felicitados por parte dos profesores, xa que como eles din: "FOI UN BO TRABALLO!!!".
E como di o refrán: "unha imaxe vale máis que mil palabras"..., así que aí van as fotos da nosa exposición.
Escrito por: Nuria Martínez Castelos e Lucía Pérez Sanjurjo. (Alumnas 4º ESO)
















REVISTA XENIA

Revista Xenia. 18-11-08. Segundo número da revista Xenia, publicación periódica da Unidade de Muller e Ciencia, deseñada para promover unha elección académica e profesional libre de estereotipos de xénero. Reparto nas tItorías.

CAMPAÑA DE CONSUMO RESPONSABLE NAVIDEÑO

Circular ás familias: campaña de consumo responsable navideño




Queridas familias:


Dende a materia de Educación para a Cidadanía facémoslles partícipes dunha campaña de consumo responsable en Nadal, e deste xeito fomentar entre todos nós un desenvolvemento sustentable do noso Planeta, que permita mellorar as condicións de vida de todos os seus habitantes, e, á súa vez, que sexa compatible co respecto ao medio natural.


Felices Festas


Monfero, 16 Decembro 2008.

AULAFORO 2008-2009


O Proxecto Educativo Aulaforo Caja Madrid ten como obxectivo potenciar a práctica dos valores humáns e democráticos do alumnado, a través da participación e o diálogo na aula e na web do proxecto.

Este ano o tema de Aula Foro xira en torno a cuestións medioambientais sobre a agua.

CAMPAÑA "STOP ACCIDENTES"

Stop Accidentes: Luns 19 Xaneiro 2009.
Entrega de chalecos reflectantes.
Libros “As estrelas caeron”, de Jeanne Picard Mahaut.

Sesións:

1º ciclo da ESO: de 10:35 a 12:15. UUMM1
2º ciclo da ESO e PCPI: de 10:35 a 12:15. UUMM2
2º ciclo primaria: de 12:15 a 13:00. UUMM1
3º ciclo primaria: de 12:15 a 13:00 UUMM2





O RINCÓN SOLIDARIO

Proposta para habilitar un espazo na biblioteca Castelao






8 DE MARZO: MULLER E CIENCIA



Durante a última quincena de Febreiro e a primeira de Marzo a Biblioteca Castelao ofrece a exposición "A Muller innovadora na Ciencia", composta por paneis que conteñen as biografías de grandes científicas ao longo da historia. O noso alumnado poderá descubrir as dificultades que tiveron estas mulleres para seren respetadas e valoradas no mundo da ciencia.



sábado, 14 de marzo de 2009

O NOSO C.P.I NO ENCONTRO INTERCENTROS DA ONG ENTRECULTURAS

DIARIO DE FERROL
A solidariedade prospera nas aulas
REPORTAJE DE M.M.COOPERACIÓN >
Dous colexios da comarca súmanse á Rede Solidaria na que participan xa máis de vinte en toda Galícia.

Pasaron xa sete anos dende que a ONG Entreculturas creou a Rede Solidaria da Mocidade e catro desde que callou en Galicia. No presente curso, máis de vinte centros escolares da comunidade participan no programa, que se articula como a suma de moitas ideas e iniciativas para axudar á poboación desfavorecida, dos países mais pobres do mundo ou do mesmo vecindario. A Rede Solidaria está a medrar tamén na comarca. O colexio Jesús Maestro foi o primeiro e leva xá tres anos participando, pero neste curso sumáronse o CPI Virxe da Cela, de Monfero, e o Conde de Fenosa, en Ares. Alumnos e profesores destes tres centros asistiron este pasado fin de semana, no IES de Elviña, na Coruña, a unha xuntanza que serviu para comezar a definir a axenda de traballo de cada centro para os vindeiros meses.Segundo explicou Ana Martín, coordinadora da Rede Solidaria, os centros que acaban de inscribirse comezarán por facer unha labor de concienciación dos rapaces, de reflexión sobre os problemas e inxustizas que hai no mundo que os rodea. Logo, eles mesmos propoñen actividades e fórmulas para mellorar a situación na medida das súas posibilidades.En conxunto, tódolos centros da rede están chamados a participar na campaña “Dillo a todo o mundo”, plasmando mensaxes e ideas na web www.diseloatodoelmundo.org.
























CAMPAÑA SOLIDARIA "DOA O TEU MÓBIL"

ÉXITO DA CAMPAÑA DE MÓBILES!.
O NOSO CENTRO LOGROU RECOLLER NADA MENOS QUE 55 MÓBILES.
GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN E SOLIDARIEDADE.

Os nosos ordenadores e móviles teñen un prezo altísimo. Porque a súa fabricación é imposible sen coltán, máis de 300.000 nenos e nenas matan e morren nun conflito que sacode África Central e centos de miles de persoas estano pagando nestes días. Unha das causas: o control do coltán.
Preguntarasche que é o coltán e por que pode converter nenos e nenas en soldados?. Coltán é a abreviatura de columnita e tantalita, dous minerais que unidos fainos imprescindibles na fabricación de teléfonos móbiles e ordenadorese e... ante un mercado xigantesco, a República Democrática do Congo posúe o 80% das reservas mundiais. Lonxe de levar prosperidade ao país, é parte da orixe dun conflito que ameaza con ser eterno. Gran parte dos ingresos da venda do coltán serviron para comprar armas.

O resultado?
Unha guerra na que xa morreron case 5 millóns de persoas, máis de 350 mulleres e nenas son violadas cada mes, hai case dous millóns de desprazados, e uns 7.000 nenos e nenas combaten como soldados.
Sácaselles á forza do colexio ou das súas casas, reciben malos tratos, torturas, son violados e obrigados a violar e asasinar. Na rexión de Kivu, a metade dos menores que foran desmovilizados volveron a ser recrutados. A súa experiencia convértelles en recrutas valiosos e ponlles en especial perigo.

Como podemos axudar?
Se temos algún móbil que xa non usamos non o tires, senón todo o contrario: utilízao para axudar ás vítimas deste conflito. Fariamos moito se doamos o noso móbil vello, practicamente estaremos facendo canto está nas nosas mans para que ningún neno teña que deixar de selo polo noso benestar.
Grazas por utilizar o voso móbil para conseguir que a súa fabricación non resulte tan cara.














viernes, 13 de marzo de 2009